CAMPAÑA DE FIRMAS- XUNTA DE GALICIA

Con la tristeza y la indignación de haber llegado al segundo año del cierre de fronteras
y el vergonzoso acuerdo con Turquía,  la Red Gallega en Apoyo a las personas Refugiadas considera inadmisible que el Gobierno de España siga violando los Derechos Humanos e  incumpliendo la legislación internacional,  vulnerando: 
la Carta Internacional de Derechos Humanos, 
la Carta de Derechos Fundamentales de la UE, 
el Convenio Europeo de Derechos humanos 
la Convención de Ginebra para los Refugiados, 
así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo.

Tomando como referencia el marco normativo internacional e con el objetivo de garantizar el derecho al asilo, recogido en el artículo 14 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos, el Gobierno de la Xunta de Galicia tiene que llevar a cabo políticas concretas en el marco de  sus competencias, debe exigir al Gobierno Español que deje de violar la legislación internacional y debe resolver en coordinación con el Gobierno Central los problemas generados por el estrepitoso fracaso del programa estatal de integración y acollida.

Exigimos al Presidente de la Xunta de Galicia , D.  Alberto Nuñez Feijoo , que el Gobierno Gallego tome medidas inmediatas que ya se presentaron por registro, y arrancamos una campaña de recogida de firmas con la esperanza de que la presión social consiga finalmente que las cosas cambien.

-APOIA COA TUA SINATURA AQUÍ
-Acceso ao documento presentado por rexistro aquí
-Texto introducido por rexistro:


Ilmo.Sr. Presidente da Xunta de Galicia.
D.Alberto Nuñez Feijoo
Xunta de Galicia
Presidencia. Edificio de San Caetano, s/n
Santiago de Compostela



Prezado Sr.Presidente da Xunta de Galicia,
Dña. Isabel Rey Sastre, con DNI 33.295.763C escribe en representación da Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas, coa intención de esixir a Xunta de Galicia que realice accións inmediatas para resolver a terrible situación que seguen a vivir as persoas refuxiadas, destacando as seguintes razóns que xustifican a urxencia destas medidas.

Falar de acollida é falar de dereitos. En virtude do dereito internacional humanitario, as autoridades teñen obriga de protexer ás persoas que foxen dos conflitos, violencia, fame ou violacións. Conflitos que, en demasiadas ocasións, teñen que ver con venta de armas españolas e / ou políticas dos países europeos.

Tomando como referencia o marco normativo internacional e co obxectivo de garantir o dereito ao asilo, recollido no artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o goberno da Xunta ten que levar a cabo políticas concretas no marco das súas competencias:


-Unha moción non de lei do Parlamento de Galicia instando ao Consello de Ministros para que active o Real Decreto 1325/2003, de 24 de outubro, polo que aproba o Reglamento sobre o Réxime de Protección Temporal no caso de afluencia masiva de persoas desprazadas. 

-Instar ao Goberno do Estado as dúas decisións de obrigado cumprimento segundo o artigo 288 TFUE, referentes ao acordo de reubicación de 160.000 persoas solicitantes de asilo (Decisión (UE) 2015/1523 e Decisión (UE) 201 511 521).

.Aprobar no Parlamento de Galicia unha declaración oficial de posicionamento en relación á necesidad de establecer vías legais e seguras para persoas que se ven na obriga de fuxir dos seus países.

-Establecer unha comunicación regular entre os diferentes niveis da administración responsables dos diferentes ámbitos que afectan ás persoas refuxiadas e migrantes; e aumentar o apoio ás entidades especializadas.

-Definir que apoio, que servizos e que infraestruturas pode ofrecer a Comunidade Autónoma de Galicia para acoller ás persoas solicitantes de protección internacional, e facelo efectivo.

-Levar a cabo campañas de información á poboación en xeral para que coñezan a realidade e as necesidades das persoas refuxiadas e solicitantes de asilo e protección internacional. 

- Elaborar e aplicar planes de formación en materias de protección internacional, asilo, atención ás persoas migrantes, para os profesionais que traballan con estas persoas (servizos sociais, policía local, oficinas de atención cidadá, educadores, etc.).

         O sistema galego de acollida e integración está fracasando por ser un marco temporal manifestamente insuficiente (18 meses ampliable a 24 meses). Así mesmo non hai unha transición efectiva entre as distintas fases do SAI e non se conseguen os obxectivos. Unha vez rematado o prazo, hai un abandono institucional a estas persoas e un período crítico sen axudas (pois o acceso á RISGA ou outras axudas leva uns meses a partir de non ter ingresos). Fan falta programas complementarios ao SAI e unha supervisión directa desde a Xunta de Galicia sobre esas familias ANTES de que rematen o SAI

En referencia á asistencia sanitaria, vivenda, educación, formación e traballo:

-Cambiar a normativa ou lexislación necesaria para garantir a asistencia sanitaria e a disposición de medicamentos de todas as persoas refuxiadas e migrantes.

- Estender e adaptar a asistencia médica e psicológica para atender as situacións de sufrimentos psicolóxico e mental das persoas migrantes e solicitantes de protección internacional (vítimas de tortura, abuso sexual, tráfico de personas ou algún outro tipo de violencia).

-Priorizar o dereito a vivir en familia nunha vivenda. Lexislar para que os pisos baleiros que pertencen a entidades bancarias ou entidades de inversión, se transformen en vivendas de aluguer social. Tomar medidas para facilitar o aluguer ou compra das persoas migrantes e refuxiadas (axudas, avais,  sistemas de propiedade compartida, etc).

-Eliminar as trabas legais e burocráticas de acceso á formación e á educación. Aplicar a normativa laboral por igual a toda a cidadanía Todos os nenos teñen dereito á educación teñan ou non DNI as súas familias, eliminar as trabas para acceder ás axudas escolares ou de libros pola insuficiente información enviada aos centros escolares sobre o cambio de normativa, que fai que moitos dos funcionarios desconozcan que teñen dereito e non informen ás familias nin as tramiten.
- Aumentar os recursos de apoio educativo ás persoas migrantes e refuxiadas.  Establecer mecanismos de recoñecemento da bagaxe formativa que traen (homologación de títulos, exames de acreditación, etc).

-Aplicar a normativa laboral por igual a toda a cidadanía. Eliminar as trabas para a contratación de estranxeiros. Aumentar as inspeccións laborais para garantir os dereitos dos traballadores. Promover o acceso a un traballo digno. Establecer mecanismos de recoñecemento da experiencia laboral.


Agardando que poidan con urxencia tomar estas medidas e agradecendo de antemán a súa colaboración , despídese atentamente,

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA UE PLANEA INSTALAR EL SISTEMA DE LOS CIES POR TODA EUROPA

ENCIERRO EN CIE DE 10 MIGRANTES QUE PIDIERON ASILO

LIBERACIÓN INMEDIATA DEL ALCALDE DE RIACE!