CAMPAÑA DE FIRMAS - AYUNTAMIENTOS

Con la tristeza y la indignación de haber llegado al segundo año del cierre de fronteras
y el vergonzoso acuerdo con Turquía,  la Red Gallega en Apoyo a las personas Refugiadas considera inadmisible que el Gobierno de España siga violando los Derechos Humanos e  incumpliendo la legislación internacional,  vulnerando: 
la Carta Internacional de Derechos Humanos, 
la Carta de Derechos Fundamentales de la UE, 
el Convenio Europeo de Derechos humanos 
la Convención de Ginebra para los Refugiados, 
así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo.

Consideramos que los Ayuntamientos pueden hacer más presión sobre los Gobiernos y también tomar medidas concretas para resolver problemas de acogida con los  pocos refugiados que consiguieron llegar, ante el estrepitoso fracaso del Sistema de Integración y Acogida estatal.

La intención es exigir a las distintas corporaciones la toma de estas medidas inmediatas, puedes ayudarnos presentando el escrito en tu ayuntamiento, acceso al modelo de documentos:

- borrador en castellano- en base al manifiesto  de Volem Acoller  aquí
-borrador en galego- modelo presentado en Santiago de Compostela-aquí

Exigimos a los Ayuntamientos que tomen medidas inmediatas que ya se presentaron por registro, y arrancaremos una campaña de recogida de firmas  local para cada uno,
con la esperanza de que la presión social consiga finalmente que las cosas cambien.

LISTADO DE CONCELLOS:

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:
         -APOYA CON TU FIRMA AQUÍ
           -Acceso ao documento introducido por rexistro aquí


Texto do documento introducido por rexistro



Ilmo.Sr. Alcalde. D. Martiño Noriega
Concello de Santiago de Compostela
Pazo de Raxoi s/n
Praza do Obradoiro
Santiago de Compostela

20-6-18





Prezado Sr. Alcalde,
Dña. Isabel Rey Sastre, con DNI 33.295.763C escribe en representación da Rede Galega en Apoio ás persoas refuxiadas, coa intención de esixir ao Concello de Santiago de Compostela que realice accións inmediatas para resolver a terrible situación que seguen a vivir as persoas refuxiadas, destacando as seguintes razóns que xustifican a urxencia destas medidas:

- O Mar Mediterráneo e as fronteiras  europeas son fosas comúns nas que milleiros de persoas perden as súas  vidas.
- As fronteiras están militarizandose e vulnéranse os dereitos humanos cada día.
- Calcúlase a desaparición de polo menos 10.000 menores refuxiados en territorio europeo a mans de redes de trata .
- Constatamos con fonda tristura o peche de fronteiras mediante a construción “express” de vallas de arame, para evitar o tránsito de persoas desesperadas.
- Centos de miles de persoas permanecen atrapadas en campos de concentracion debido ao peche de fronteiras e a inxustificable lentitude no proceso de reubicación.
- O intolerable establecemento de cupos para a acollida de persoas, que é unha violación dos Dereitos Humanos. Eses cupos miserables ademais non se cumpriron. O Estado Español en dous anos só acolleu a 2782 (dato de marzo de 18)refuxiados de máis de 6.500.000 persoas que fuxiron da morte pola guerra de Siria, e que segundo as leis internacionais, teñen dereito a pedir asilo
- A implementación de acordos  como o asinado en marzo de 2016 con Turquía que aproba a expulsión das persoas que chegan a Grecia, vulnera a Carta Internacional de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE, o Convenio Europeo de Dereitos Humanos e a Convención de Xenebra para as persoas Refuxiadas, así como diferentes Directivas europeas en materia de asilo. É inmoral e tamén ilegal,  a súa aplicación supón un risco para a vida das persoas.
Ademais, o Acordo utiliza ás persoas refuxiadas como moeda de cambio respondendo a intereses económicos e xeoestratéxicos e non á protección á que legalmente tanto a UE como Turquía están obrigadas a garantir. Facer das persoas refuxiadas unha mercadoría para o intercambio económico é inhumano, ilegal e intolerable.
- O Acordo da Vergonza xunto coas medidas adoptadas unilateralmente polos estados membros que dificultan ou impiden a entrada no seu territorio das persoas solicitantes de asilo, obrigan ás persoas a fuxir da morte a través de vías máis perigosas e custosas como a do Mediterráneo Central, a máis mortal do mundo.
Por último indicar que as situacións de guerra, morte e miseria que viven moitos países do Mundo veñen  provocadas  pola propia política exterior dos países da UE e do chamado “Mundo Occidental”.

Consideramos que hai razóns suficientes para cualificar como unha absoluta vergonza as accións da Unión Europea e do Goberno de España, pois as súas respostas fronte ás  persoas migrantes e refuxiadas, sepáranse cada vez máis dos seus valores fundacionais, e atentan contra os dereitos de millóns de persoas.

E polo tanto solicítase:
- Que o Concello de Santiago de Compostela esixa ao goberno central do Estado Español que cumpra os compromisos de acollida de persoas refuxiadas que remataron o pasado día 26 de setembro.
- Que o Concello de Santiago de Compostela esixa ao goberno central do Estado Español que faga os trámites necesarios para que a UE derogue os acordos internacionais que incumpran a lexislación internacional e os Dereitos Humanos, como o que a UE asinou en Marzo de 2016 con Turquía.
- Que o Concello de Santiago de Compostela esixa ao goberno central do Estado Español que as políticas de inmigración e refuxio do Estado Español e do resto de estados membros da UE cumpran cos dereitos humanos e co resto de convenios internacionais que actualmente están a incumprir, arriba reseñados.
- Que o Concello de Santiago de Compostela traslade á Fundación Princesa de Asturias a retirada do Premio da Concordia á Unión Europea na súa última edición, e solicite polo tanto a modificación do seu regulamento para que sexa posible a retirada a posteriori do mesmo.

-Que o Concello de Santiago de Compostela reafirme os seus compromisos de acollida de persoas refuxiadas e o seu compromiso de poñer a disposición das mesmas os recursos precisos para  unha acollida digna e polo tanto garantir:

     -O empadroamento subsidiario en dependencias municipais para as persoas inmigrantes ou refuxiadas que non teñan un domicilio, e axilizar os trámites aos que xa o solicitaron.

         -Incremento e posta a disposición das persoas migrantes e refuxiadas dos recursos existentes para o conxunto das persoas en situación de pobreza   e/ou exclusión: recursos sanitarios e psicolóxicos, de reforzo escolar e          educación inclusiva plena, de tradución, de integración e mediación, de mediación na homologación da formación.

         -A posta en marcha de programas de formación específicos dirixidos ao persoal das administracións públicas que atenden en distintos servizos a persoas migrantes e refuxiadas.



         -A posta en marcha dunha Ventanilla única para as persoas inmigrantes ou refuxiadas: que o Concello asuma as tarefas de interlocución entre as administracións estatal, autonómica e local, así como a interlocución con empresas dirixida á obtención de traballo digno. Con especial importancia sobre a información sobre o Programa galego de protección social da saúde pública.

         -Que se garanta o acceso a unha vivenda digna de cada unidade familiar, prestándose como avalista o Concello no caso de que fose necesario.
         -Realización dun acto público en recoñecemento das persoas que perderon a vida nas nosas fronteiras e declaración do día 20 de Xuño ‘Dia Mundial das persoas refuxiadas’ como un día sinalado no calendario do Concello para homenaxear a estas persoas e reclamar o cumprimento dos seus Dereitos  CAMBIAR POR tomar medidas políticas que vaian avanzando na garantía dos dereitos das persoas refuxiadas e migrantes. Aproveitar esta data para facer un traballo de concienciación á cidadanía no mes de xuño.

Agardando que poidan con urxencia tomar estas medidas e agradecendo de antemán a súa colaboración , despídese atentamente,




Comentarios

Entradas populares de este blog

LA UE PLANEA INSTALAR EL SISTEMA DE LOS CIES POR TODA EUROPA

ENCIERRO EN CIE DE 10 MIGRANTES QUE PIDIERON ASILO

LIBERACIÓN INMEDIATA DEL ALCALDE DE RIACE!