MOCIÓN EN EL PARLAMENTO GALEGO

14-jun 17











EXITOSA CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO GALEGO .14 xuño 2017

A Rede Galega en apoio ás persoas refuxiadas realizou hoxe as 12h unha exitosa concentración diante do Parlamento Galego. A intención era mostrar a sua indignación ante a hipocresía do PP no último Pleno, onde presentou un discurso de apoio @s refuxiad@s para despois votar en contra. A proposta non de lei rechazada,  pretendía instar ao Goberno de España a que cumpra co acordo firmado na UE.

 O obxetivo principal deste acto era mostrar a sua protesta pola terrible doble cara que mostrou o Goberno Galego no último Pleno celebrado. Os máis de 70 colectivos que forman esta Rede, están a traballar porque se cumpran as leis internacionais e os Dereitos Humanos.

Neste Pleno presentouse unha proposta non de lei coa intención de que o Goberno Galego instase ao Goberno Español a deixar de incumprir cos dereitos humanos. No transcurso do acto sucederon dúas cousas que a Rede considera inadmisibles:

1-     O Presidente Alberto Nuñez Feijoo, xunto con outros parlamentarios do PP levantáronse e marcharon xusto cando se anunciaba que se iba a tratar este tema, deixando a súa bancada vacía. Foi considerado polos membros da Rede coma unha total falta de respeto ante os máis de 70 colectivos que a integran e ante os máis de 6 millóns de Refuxiad@s que sufren as consecuencias de que o noso Goberno incumpla cos dereitos humanos.

2-     A parlamentaria do PP Raquel Arias tivo unha intervención na que mostraba preocupación e interese por resolver esta situación, afirmando que apoiaban a proposta diante de todos os medios de comunicación.Despois a última hora , xa sin medios de comunicación votaron en contra.

ver videos do ocurrido aquí

 Aquí detállase o que se pedía na proposta:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno de España a:

·       Axilizar de maneira significativa o proceso de traslado de persoas refuxiadas a España mediante a súa recolocación e reasentamento;

·       Cumprir no prazo previsto os compromisos acordados coa UE de acoller a 17.337 persoas refuxiadas.


 No manifesto leido na concentración, destacouse que ‘o feito de que votasen en contra demostrou a verdadeira intención deste Goberno, cunha evidente estratexia de boas palabras nos medios públicos, mentres mantén durante dous anos accións exemplares e contundentes contra os dereitos humanos de milleiros de persoas que soamente piden auxilio’.

Tamén resaltouse a importancia  de lembrar que solicitar asilo noutro país en caso de perigo de morte é un dereito. Os Dereitos Humanos non son unha utopía. A lexislación internacional exixe que se cumpran. @s Refuxiad@s teñen dereito a pedir refuxio e nós incumplimos as leis internacionais cando pechamos as portas e lles negamos a entrada.

 O  22 de setembro do ano pasado xa facía un ano desde que os líderes da Unión Europea acordaron un mecanismo de recolocación de emerxencia para compartir a responsabilidade de quen solicita asilo. Con todo, decenas de miles de persoas seguen atrapadas en campos de concentración dos que non se lles deixa sair, en condicións deplorables.

As cifras falan por si soas. Máis dun ano despois destes compromisos, España acolleu a 1.141 persoas. Unha cifra moi afastada das 17.337 persoas que o Goberno se comprometeu a acoller.

O número de refuxiados sirios xa rompeu a barrera dos seis millons, según a Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados (ACNUR). Esta cifra, que equivale a casi un cuarto da población total do país, reflexa a dureza dunha guerra que orixinou 6,3 millones de desplazados  e máis de 300.000 víctimas mortais.

 Estamos asistindo a unha situación sen precedentes e ante a que a Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas chama a atención pedindo que tomemos medidas urxentes e inmediatas.






más información  aquí

Comentarios

Entradas populares de este blog

LA UE PLANEA INSTALAR EL SISTEMA DE LOS CIES POR TODA EUROPA

ENCIERRO EN CIE DE 10 MIGRANTES QUE PIDIERON ASILO

LIBERACIÓN INMEDIATA DEL ALCALDE DE RIACE!